A Tarde
“O peor agasallo que recibín? Un tumor de dez centímetros cando tiña 16 anos”
‘Mis ganas ganan’ é o libro de Elena Huelva, unha moza sevillana de 19 anos á que lle diagnosticaron cancro con 16. Concretamente, o dela é un cancro moi pouco frecuente: o sarcoma de Ewing. Elena escribe e fala sobre a súa experiencia con completa sinxeleza e naturalidade, algo que consegue conectar coas lectoras “de maneira incrible”.