CRTVG

Buscar

A Tarde

O doce do monte de Couso, exemplo mundial de xestión comunal

20/11/2019 - 18:35 h

A marmelada baixo a marca Acolá é apadriñada pola ONU. Este doce sae do monte do Couso en Gondomar. A ONU escolleuno como exemplo mundial de xestión comunal. 

"O proxecto naceu na comunidade de Montes. Decidimos cambiar a política forestal que se viña facendo que era unicamente de madeira convencional (piñeiro e eucalipto). Nos viamos un potencial enorme nos montes. Que podían crear postos de traballo. Para iso tiñamos que ir a producións que deran ingresos anualmente e non a tan longo prazo", apunta Xosé Antón Araúxo, presidente da comunidade de montes de Couso. 

Revista de información e entretemento