A Tarde
Ana Alonso, autora de 'Los colores del tiempo': "Quería devolver a cor a unha época gris"
Adela é unha muller loitadora na España da posguerra. Unha muller chea de cor nunha España gris. Unha muller que namorou e transformou tres homes como non puido ver mudar o seu país. A través da oralidade de súa nai, Ana Alonso retrata en ‘Los colores del tiempo’ a revolución calada e interna que a súa protagonista vivía no ambiente de posguerra, un universo construído nun túnel do tempo que leva o lector a revivir as sensacións, sentimentos e experiencias da xente castigada polas restricións políticas, sociais, morais e económicas que cinguía a vida aos máis nimios fíos de vitalidade.