A Tarde
A banda Superglú inicia 'Viaje' co seu novo LP
A banda Superglú estreou o seu primeiro LP, ‘Viaje’, unha travesía musical por diferentes estilos e linguas. Os de Ferrolterra gañaran no 2017 o Premio Cultivando Música do Festival de Luz. En Boimorto tamén fixeron parada hai nada, en plena xira para presentar este traballo. Sara Couce e Miguel Biezma confesan o porqué do nome do grupo: “É polo pegamento, non nos agochamos! A música é o noso pegamento”.