A Tarde
Dúas parellas arxentinas montan en Baralla un asador tradicional: “En Galicia tedes unha carne fantástica”
Mariana, Sebastián, Alejandro e Florencia son os nomes detrás do novo asador arxentino de Neira de Rei (Baralla). Estas dúas parellas chegaron a Galicia e montaron este negocio na Casa do Curro, inaugurado o sábado 18 de xuño.
“Queremos transmitir o que significa culturalmente sentar comer un asado”, contan dende este lugar en que srrven comida e sobremesas típicas do país arxentino.