CRTVG

Buscar

A Tarde

Sesenta anos de sentimento branquiazul: “Santiago non esqueceu o Compos”

20/06/2022 - 16:20 h

A SD Compostela fai 60 anos de vida dende a súa fundación no 1962, aínda que o xerme do club é anterior á Guerra Civil. Dende ese momento houbo altos e baixos, alegrías e desgustos. O ascenso a Primeira no 1994, a case a completa disolución do club, a suba de categoría con Yago Iglesias… Polo medio, unha morea de historias e anécdotas recollidas agora nun libro asinado por dous seareiros con fonda relación familiar co club. Lito e César Vila Baleato presentan así ‘SD Compostela 1962-2022. 60 anos de sentimento branquiazul’.

“Eu estaba en Oviedo aquel 1 de xuño do 94. Chorei, rin, saltei… Ao día seguinte fun ao instituto sen durmir e coa resaca do ascenso”

“Estaría ben que o Compos tivese equipo feminino. Cantas máis camisetas con este escudo, mellor”

 

 

Revista de información e entretemento