CRTVG

Buscar

A Tarde

Alerta no encoro de Lindoso polo mínimo nivel de auga, que deixa ao descuberto 'aldeas pantasma'

20/01/2022 - 18:27 h

O encoro de Lindoso (coas comportas en Portugal e con espazo na Baixa Limia) está en alerta vermella. O nivel da auga baixou un 30% dende outubro e a día de hoxe está ao 14% da súa capacidade, o mínimo nos últimos 30 anos. Este baleirado deixa ao descuberto tres aldeas que quedaran anegadas por mor da construción da infraestrutura. O compañeiro Alberto Rivero visitou este lugar pantasma, onde emerxen vellas edificacións e a memoria da veciñanza afectada.


 

 

Revista de información e entretemento