CRTVG

Buscar

A Tarde

Na procura de todas as Torres de Hércules

19/11/2019 - 17:05 h

Manu Sánchez é guía turístico da Coruña e tamén da Torre de Hércules. Elaborou un mapa coas reproducións da Torre de Hércules que foi atopando. Chegou a ter 150 referencias, pero Google borroullas. Agora volveu comezar de cero nun proxecto da man da Universidade da Coruña.

"Nós levamos a Torre como algo tan noso que enseguida a tentamos asociar dalgunha maneira. A máis espectacular é a dun señor que vive en Venezuela. Ten unha reprodución a grande escala na súa leira", apunta Manu Sánchez. 

Revista de información e entretemento
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí