CRTVG

Buscar

A Tarde

César de la Fuente e o seu equipo crean un método de detección de Covid-19 coa mina dun lapis

19/07/2021 - 18:05 h

O profesor asistente presidencial na Universidade de Pennsylvania e premio Fundación Princesa de Girona en Investigación Científica 2021 acaba de desenvolver co seu equipo un test diagnóstico con base nos electrodos do grafito dos lapis. É fácil de conservar, tarda apenas 6 minutos e medio e cada un deles ten un custo de só 1 dólar e medio, que co cambio actual sería 1 euro con 27 céntimos. Aínda por riba, ten unha precisión e rendemento extraordinarios.

 César de la Fuente explícanos mellor o invento e conversamos sobre os seus traballos, sempre centrados en facilitar o acceso ós recursos biomédicos a todo o mundo.


 

Revista de información e entretemento