A Tarde
A Patrulla Águila fará este domingo unha exhibición en Santiago de Compostela
Aproveitando a ofrenda ó Apóstolo que este domingo realizará a Súa Maxestade O Rei, a patrulla acrobática do exército fará en Santiago de Compostela unha demostración do seu dominio ao mando dos avións. O espectáculo correrá a cargo da Patrulla Águila, que cumpre este ano 36 tempadas sendo un dos equipos acrobáticos máis laureados de España e do mundo. Falamos con Pedro Díaz González, Coronel do Exército do Aire e xefe do Aeródromo Militar de Lavacolla para que nos concrete como vai a discorrer a xornada.