CRTVG

Buscar

A Tarde

José M. de la Rosa presenta o seu último libro: ‘De la micro a la nanoelectrónica’

19/07/2021 - 16:42 h

Hoxe en día vivimos rodeados de microchips; nos coches, nos teléfonos móbiles, nos ordenadores, nos electrodomésticos, e un longo etcétera. Sen eles, o noso día a día sería ben diferente. 

Do presente destas tecnoloxías, e do seu futuro, fala José M. de la Rosa no seu último libro: ‘De la micro a la nanoelectrónica’. O doutor en Física, investigador do CSIC e profesor na Universidade de Sevilla explica o funcionamento destes chips nanométricos. 

Convidámolo ao programa para que nos conte polo miúdo como son estes complexos sistemas e que papel poden chegar a ter nas próximas décadas.


 

Revista de información e entretemento