A Tarde
María Lara Martínez publica 'Juana I. La Reina Cuerda': "Juana é a muller máis maltratada da historia de España"
A soberana mellor preparada do Renacemento non foi autorizada polo seu pai, o seu marido e o seu fillo para exercer o seu poder. Pero todos necesitaban dela como sombra. Chamábase Xoana e non estaba tola. Cualificada na súa mocidade como "moi sensata", ¿por que saíron mal as cousas na existencia de Xoana? Era o seu marido tan "fermoso"? Padecía Xoana unha enfermidade latente que se acelerou coa distancia de Castela? A todo isto e moito máis da resposta a historiadora María Lara Martínez no seu novo libro 'Juana I. La reina cuerda'.