CRTVG

Buscar

A Tarde

Paula Martínez: "Esquecemos que os menas son nenos que precisan protección"

19/05/2021 - 16:41 h

Detrás do acrónimo menas atópanse nenos, nenas e adolescentes migrantes menores de dezaoito anos. Chegan sós a un país que non é o seu. A actualidade da situación de Ceuta volve poñer o foco no drama da inmigración clandestina. 

"O término mena foi utilizado con fins electoralistas e logo con afán de criminalización" 

Paula Martínez é avogada en Vigo. Ademais está realizando unha tese de doutoramento sobre menores non acompañados. Iso levouna a afrontar un proxecto de rodar un documental sobre a situación que leva moitos menores a cruzar o mar para chegar a Europa. 

"Vivimos nun sistema que segue distinguindo polo lugar de orixe"

A iniciativa vaise plasmar no documental 'Puerto Calma'. A produción ten aberto un espazo de mecenado para levalo a cabo. O nome vén do hotel canario que lles deu auxilio aos migrantes retidos en Arguineguín

"Por riba da condición de migrante están os dereitos humanos"

Paula lembra as historias emotivas que puido escoitar. Especialmente impactouna a situación duns nenos de Malí que viaxaran sós e un mes despois aínda non puideran contactar coa súa familia para dicirlles que sobreviviran. 

Revista de información e entretemento