CRTVG

Buscar

A Tarde

Cando Boca e River xogaron simbolicamente en Vilariño do Pereiro de Aguiar

19/05/2021 - 16:23 h

Fernando Iglesias é celador de profesión e afeccionado á escritura. Publica o seu terceiro libro, 'Memorias dunha bágoa'. Trátase dun repaso pola historia da parroquia de Vilariño, no concello do Pereiro de Aguiar

"As lembranzas emocionan cando se escoitan dos beizos dos nosos antergos"

A publicación bebe de trinta veciños e veciñas que deron a súa testemuña. Teñen protagonismo as profesións máis destacadas da vila. Sobresaen as leiteiras e as rianxeiras

"Os primeiros uniformes do Vilariño viñeron da Arxentina coas cores de Boca"

A arte e o fútbol tamén teñen un papel destacado neste libro. Recóllense as orixes do equipo de fútbol da parroquia, o Atlético Vilariño. As relacións da emigración posibilitaron que se xogara un partido entre o Vilariño e o Velle coas camisolas do Boca Juniors e do River Plate. 

Revista de información e entretemento