A Tarde
Salvador Sobral: "'Alma nuestra' é o proxecto máis libre, pero co seu risco"
Salvador Sobral actúa este sábado no Auditorio de Ferrol. O concerto estaba previsto para decembro, pero tivo que ser aprazado por mor da incidencia da pandemia. A actuación inclúese dentro do ciclio Son(s) Ferrol.
"O concerto de Ferrol será un dos últimos da xira, aínda que existe a posibilidade de ir a Cuba"
Salvador Sobral foi o gañador do Festival de Eurovisión en 2017. Está considerado unha das fuguras máis interesantes da música portugesa actual.
O pasado verán publicou 'Alma nuestra'. Trátase dun disco interpretado en español que xunta dúas das súas paixóns musicais: o jazz e a música cubana.