A Tarde
Carlos Nárdiz: "Moitos lugares non se recoñecerían sen as súas pontes"
O Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos en Galicia presentou a segunda edición do libro A volta ao mundo en corenta pontes e medio, reeditado por este Colexio e patrocinado por AUDASA.
Trátase dunha publicación que atesoura o traballo dos enxeñeiros de camiños en Galicia e que xa forma parte do seu patrimonio.