A Tarde
Manuel Alonso: "Pensamos só nas alfombras de flores, pero hai moitas máis"
Este mércores presentarase no Hostal dos Reis Católicos a Federación de Asociacións de Alfombristas Galegos de Arte Efémera. O obxectivo é difundir a súa actividade e darlle un maior rango artístico. En Galicia hai máis de 100 localidades onde se realizan alfombras.
Conversamos co presidente da nova Federación, Manuel Alonso Loriente: "É unha actividade que parece menor polo seu descoñecemento", salienta.