A Tarde
Xa se están a facer as luces e adornos de Nadal de moitos concellos galegos
Queda bastante para o Nadal e para ver as luces tan características desa época. Non obstante, as empresas encargadas de deseñalas, montalas e colocalas xa comezaron a finais de agosto a traballar neste proceso. Por iso falamos con Abel Vázquez, responsable de comunicación de Iluminaciones Santiaguesas, unha destas corporacións que, ademais, traballa en máis de vinte e cinco concellos.
Resulta que os concellos invisten cada vez máis nestes adornos, que incluso hai quen os quere para que se iluminen ben de día e que, se pasase algún temporal, estas empresas fanse cargo dos danos.