A Tarde
Sica Romero e as ‘Avelaíñas eléctricas’ que serven para atoparse e entenderse a unha mesma
Unha escritora que debuta, a súa primeira novela, unha editora que nace e que arrinca o seu proxecto con este libro… Todo é novo en Avelaíñas eléctricas (Néspera Editora), de Sica Romero, unha obra escrita parcialmente no galego propio da Costa da Morte. Conta a historia de Olivia e Mariña, dúas mozas distanciadas e aínda moi unidas polos pesos e violencias que carretan, polo seu amor, pola dor, pola marcha da casa familiar… Sica Romero combina xogos tipográficos e visuais cunha narrativa na que calquera pode atoparse: “Poderían ser as miñas amigas ou eu mesma”, explica.