A Tarde
Luz Castro: "As empresas creadoras están máis masculinizadas que o mundo dos xogadores"
A iniciativa Meninas Jam, impulsada pola Asociación Galega de Videoxogos, é finalista nos premios DeVuego 2020. Un proxecto que naceu no mestrado de videoxogos. Consiste na xuntanza de persoas cos mesmos intereses que nun curto espazo do tempo crean un xogo sobre un tema en concreto.
Sarai Pena: "Os videoxogos sempre foron un lugar moi de confort para os homes"
Conversamos con Luz Castro, cofundadora da asociación e profesora da Universidade da Coruña. Tamén falamos con Sarai Pena, alumna da primeira promoción do Máster de Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos.
Luz Castro: "Os xogadores son máis diversos, polo que os xogos tamén deberon selo. De aí a importancia da diversidade nos equipos de desenvolvemento de videoxogos"