Galicia en Goles
Betis-Celta, este mércores na Radio Galega
Remata a primeira volta da Liga de fútbol na Primeira División e a Radio Galega ofrece unha edición especial de 'Galicia en goles' este mércores. Desde as oito e media do serán, Paco Santos dirixe a retransmisión do partido Betis-Celta, no estadio Benito Villamarín. Roberto Carlos Carballo trasladará á audiencia a emoción dos noventa minutos de xogo, cos comentarios de Víctor López, Xosé Valtierra e Moncho Carnero.
O Celta visita o campo bético tras perder os últimos encontros en que faltou por lesión Iago Aspas. Nesta ocasión, o de Moaña volver ser baixa, aínda que a súa intención é regresar o próximo domingo en Balaídos ante o Eibar.
A emisión do Galicia en Goles prolongarase ata as once da noite e a esa hora comezará 'Ao contraataque', que da man de Pedro Pablo Alonso conectará coas comparecencias dos adestradores Chacho Coudet e Manuel Pelegrini. A continuación, o programa abrirá mesa de debate cos especialistas para debullar o sucedido sobre o céspede.