A Tarde
A Orquestra Galega da Liberación segue ‘Na loita’ da improvisación
O segundo traballo discográfico da Orquestra Galega de Liberación xa está no aire! O disco titúlase 'Na Loita' e foi gravado ao vivo e composto a tempo real no Festival Jazz de Ría 2021 polos membros desta formación nacida no ano da pandemia. Dela forman parte 16 músicos dirixidos por Xacobe Martínez Antelo, con quen conversamos n’A Tarde.