CRTVG

Buscar

A Tarde

Rumi, o smartwatch para vacas ou cabalos

16/12/2021 - 17:05 h

Innogando alíase co Campus Terra no proxecto Pastoreo 4.0 e faino cunha iniciativa impulsada polo emprendedor do Arneiro Elio López, que desenvolveu un dispositivo intelixente para a monitorización dos animais en extensivo. Rumi -así se chama esta especie de smartwatch para gando- será útil para controlar a saúde e a localización dos animais. Podería axudar, por exemplo, a alertar, previr e evitar ataques do lobo a gando vacún, caprino ou cabalar que pace en liberdade.

Revista de información e entretemento