CRTVG

Buscar

A Tarde

Germán Díaz: "Galicia agora mesmo é a capital mundial da zanfona"

17/08/2020 - 17:07 h

Germán Díaz é un músico vallisoletano que leva uns anos en Galicia. Dende a parroquia do Arneiro en Cospeito mantén a súa paixón pola música. Conversamos con el sobre os seus proxectos e fixemos un percorrido polas cancións que dalgún xeito marcaron a súa vida. El mesmo confesou que "había tempo que non escoitaba música tranquilamente". 

O compositor e intérprete ten na zanfona o seu ben máis prezado. É un recoñecido zanfonista a nivel europeo e presome do lugar onde vive. "Lugo debe ser o sitio onde máis zanfonistas hai por metro cadrado", salienta. 

Revista de información e entretemento