CRTVG

Buscar

A Tarde

Loles León emociónase lembrando 'Sempre Xonxa' na previa do seu novo espectáculo

17/06/2021 - 18:04 h

A actriz Loles León estrea este venres 'Unha noche con ella'. O escenario será o do Teatro Principal de Ourense. "Vin moi pouco por Galicia e faime ilusión estrear aquí", asegura. 

"Paréceme que é o momento para min"

O espectáculo foi deseñado para ela por Juan Luis Iborra. Estará acompañada polo pianista Yeyo Bayeyo e os bailaríns e actores Briel González e Fran del Pino. Recoñece que é o seu momento para ir sen présa, sen nervios e sabendo o que quere facer

"Teño a pel de pita, estou moi emocionada"

Loles León participou na película 'Sempre Xonxa' a finais da década dos oitenta. Daquela comezaba a ser xa unha actriz de importancia no cine español. Lembramos con ela ese momento por medio da banda sonora do filme.

 

Revista de información e entretemento