CRTVG

Buscar

A Tarde

De ruta por Arzúa e Melide: "É o momento de coñecer o que temos preto"

17/06/2021 - 16:45 h

Cinco blogueiros e blogueiras de Galicia especializados en viaxes son os protagonistas da campaña Camiños da Auga. Percorren distintos municipios do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo

Eva Abal: "Aprendín que os blogueiros galegos debemos ser os primeiros en defender con rigorosidade o que temos en Galicia"

Conversamos con Eva Abal e Carmen Delia. Eva é a responsable do blogue 'Una idea, un viaje'. Foi finalista nos premios IATI 2020 como mellor blogue de viaxes. Pola súa banda, Carmen é a responsable de Escapalandia, un blogue especializado en destinos para ir con nenos. 

Eva Abal xa fixo as súas rutas polos concellos de Arzúa, Vilasantar, Bomoirto e Touro. Salienta que é o momento perfecto para saber do que temos máis preto. 

Carmen Delia: "Como nai preocúpame que os nenos dende pequenos coñezan o noso patrimonio"

A semana que vén realizará as súas rutas Carmen Delia. Recoñece que non todas as rutas valen para nenos. Non obstante, coincide na importancia de que os máis pequenos coñezan o patrimonio xa en idades temperás. 

Revista de información e entretemento