A Tarde
Copérnico, a divulgación en galego e 'O libro que ninguén puido ler'
Publicado en latín en 1543, 'Sobre a revolución dos orbes celestes' é un dos textos científicos máis relevantes da historia. Unha compilación de textos de Nicolás Copérnico que non aceptou publicalas ata os últimos momentos da súa vida e nunha linguaxe especialmente técnica, a fin de que só fose comprendido polos maiores expertos astrónomos e evitar reprasalias na Prusia da emerxencia do luteranismo. É polo contexto histórico e social que acompaña a obra que lle puxeron o supratítulo 'O libro que ninguén puido ler' os seus autores Nicanor Alonso e Miguel Mirás, profesores do Departamento de Matemáticas da Universidade de Vigo e Raúl Gómez Pato, poeta e profesor de secundaria.