CRTVG

Buscar

A Tarde

'Non me toques o xe', a música de Antonio Luz para defender o galego

16/11/2021 - 18:05 h

O de Antonio Luz (ou Tito Álvarez), cantautor de Sarreaus (Ourense), é unha completa mestura de estilos musicais. Flamenco, guitarras e gaita como instrumento querido. Así o mostra en ‘28 besos’, un álbum que lle dedicou ao seu finado pai. Agora a súa aposta é seguir experimentando, como fixo en ‘Non me toques o xe’, unha peza con moito humor en que defende a lingua. De feito, xa está a piques de saír o seu novo disco, que estará en galego.


 

 

Revista de información e entretemento