A Tarde
Galicia pensada como unha única cidade ligada a Portugal
O filósofo e ensaísta Antón Baamonde presenta o libro ‘Unha nova Olanda. De Ferrol ao Porto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global’. O autor explica como Galicia non ten que pensarse como un país con sete grandes cidades, senón como unha única urbe que agrupa moitas. Asegura que o futuro galego podería mellorar se se combinase o norte de Portugal co Eixo Atlántico para atraer investimentos, poboación, recursos e talento.
“Temos a mente moi centrada na Galicia que foi, pouco na Galicia que é, e menos aínda na Galicia que será. Temos que pensar cara adiante”