A Tarde
Dous investigadores da UDC advirten da incidencia das noticias falsas
Paula Fraga é investigadora asociada da Unidade Mixta de Investigación Navantia – UDC e do CITIC. Xunto co seu compañeiro Tiago Fernández propoñen o uso de tecnoloxías de rexistro distribuído para combater as noticias falsas. Concretamente falan da tecnoloxía blockchain como método para detectalas. Conversamos con Paula Fraga sobre o seu traballo.