CRTVG

Buscar

A Tarde

María Oruña: "Na novela non se debe notar todo o traballo que fixeches"

16/06/2021 - 16:19 h

A escritora viguesa María Oruña publica este mércores 'Lo que la marea esconde'. Trátase dunha novela negra coa presenza do crime e do misterio. 

"Respiro con certo alivio ao pensar que din o mellor de min"

Nunha goleta aparece morta unha muller que preside o Real Club de Tenis de Santander. O asasino ten que estar entre a tripulación e os pasaxeiros. A elite deportiva, a alta sociedade ou os negocios aparecen no libro. 

"Os meus crimes non son demasiado escuros"

A autora é recoñecida por outros títulos ligados coa novela negra como 'El bosque de los cuatro vientos'. Non obstante, ela asegura que non escribe pensando que está dentro dun xénero. "Sáeme así comezar cun crime porque atrae a curiosidade. Pero o que me interesa saber del é por que e para que", salienta.

 

Revista de información e entretemento