A Tarde
A xornalista Cinthia Piñeiro gaña o Premio Valedora do Pobo polo seu TFG 'Quen son elas? O deporte desde a perspectiva de xénero'
A xornalista, e compañeira da Radio Galega, Cinthia Piñeiro recibe o Premio Valedora do Pobo polo seu TFG. 'Quen son elas? O deporte desde a perspectiva de xénero' é un traballo que aborda a situación das mulleres en deportes minoritarios e minorizados.
Recibe tamén o galardón, ex aequo, Carmen Castrillo polo seu TFG “A xestación subrogada no Dereito Civil español; a aceptación tácita dos efectos dun contrato nulo"