CRTVG

Buscar

A Tarde

Javi Maneiro presenta este sábado novo disco nun formato adaptado aos tempos

16/03/2021 - 19:05 h

O artista Javi Maneiro presenta este sábado o seu terceiro traballo discográfico. 'Palabras de un desconocido' é o título do disco. Dará a coñecer o proxecto a través dun videoálbum que se emitirá nas redes sociais do Náutico de San Vicente. 

"Quería facer un disco envolto pola imaxe"

Maneiro ten deseñada unha presentación en que terá unha conversa co actor protagonista do videoalbum. Interpreta a Satanasiño, o demo interno de Javi. 

"Non me sentía con forzas para volver facer outra campaña de micromecenado"

Conversamos co cantante de ampla traxectoria cos Heredeiros da Crus. Maneiro recoñece que aprendeu a convivir cos seus demos internos. 

"Temos que aprender a vivir con nós mesmos e a coñecernos"

Revista de información e entretemento