A Tarde
Miriam Varela: "As mulleres están borradas da Historia da Arte"
A historiadora da arte Miriam Varela está a poñer todo da súa parte para dar a coñecer mulleres artistas. Non falamos só de mulleres artistas actuais, senón tamén daquelas que quedaron escondidas na historia.
Porque se falamos de Velázquez, ou de Goya ou de Picasso, a maioria das persoas saben de quen estamos falando, e mesmo poderían citar algunha das súas obras. Pero non ocorre o mesmo se dicimos Sofonisba Anguisola ou Clara Peters, só por citar dous exemplos.