CRTVG

Buscar

A Tarde

Cinthia Piñeiro, gañadora da VIII edición da bolsa Nacho Mirás

15/09/2023 - 15:50 h

Cinthia Piñeiro, antiga compañeira da Radio Galega, pasou polos estudos de A tarde para falarnos do proxecto radiofónico Quen son elas? co que gañou o premio Nacho Mirás. Esta bolsa galardoa os mellores proxectos dos alumnos de Comunicación recentemente graduados cunha dotación económica de 6.000 euros para que os desenvolvan. 

O proxecto de Cinthia, graduada xa no pasado curso na titulación de Xornalismo, versa nun programa radiofónico que exalte o papel da muller no deporte así coma todos aqueles deportes minoritarios e minorizados. 

A bolsa, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, está patrocinada por ABANCA e rende homenaxe ao xornalista de La Voz de Galicia Nacho Mirás falecido no 2015. 

Revista de información e entretemento