CRTVG

Buscar

A Tarde

Dani Costas: "Sentímonos coa liberdade creativa de facer o que máis nos apeteza"

15/06/2021 - 16:21 h

A artista viguesa presenta novo sinxelo. Titúlase 'Me da igual'. Este tema chega logo de que o ano pasado presentara o seu primeiro traballo discográfico, 'Veinte'. 

"Todo este traballo forma parte dunha nova etapa que aínda non ten nome"

Dani recoñece que este tema forma parte do traballo feito xa meses despois de que chegara a pandemia. Seguirá publicando adiantos proximamente. Á par forma parte de colaboracións con outros artistas. Este venres sae 'El día de Huki Huki', unha canción da man con La La Love You. 

"Temos personalidade, máis aló de querer ser alguén"

A cantante reflexiona sobre unha fornada de compañeiros como mariagrep, Ortiga ou Grande Amore cos que coincide no traballo e na amizade. "Facemos algo fiel aos nosos gustos ou a unha personalidade a un artista", salienta.  

A artista xa ten datas de concertos para o verán. Asegura que haberá máis, pero polo momento está confirmada a súa presenza no Festival Ribeira Sacra na terceira fin de semana de xullo.

 

Revista de información e entretemento