CRTVG

Buscar

A Tarde

Este venres, baloncesto ACB na Radio Galega

15/04/2021 - 19:26 h

Na fin de semana, protagonismo para os partidos do Celta, do Lugo e da Segunda B

A xornada deportiva comeza o venres ás oito e media da tarde na Radio Galega. O baloncesto será o principal protagonista, coa retransmisión do partido da Liga ACB entre o Valencia e o Obradoiro de Santiago. O programa tamén contará o Burela-Murcia, da Primeira División de fútbol sala masculino.

O sábado, o 'Galicia en goles' principia á 1 do mediodía para ofrecer un amplo despregamento nun partido chave na loita pola permanencia na Segunda División, o Lugo-Alcorcón. Pola tarde, a atención estará posta no Racing de Ferrol-Marino e no Coruxo-Oviedo B, de Segunda B. No polideportivo destacan o Breogán-Castellón, de ascenso á ACB, e o Burela-Navalcarnero, da Primeira de fútbol sala feminino.

Xa o domingo, a edición matinal adianta o seu inicio ás doce menos cuarto para atender ao Celta B-Burgos, na fase de ascenso á Segunda División. A Terceira e o Ourense-Girona pola permanencia na LEB Ouro de baloncesto completan a oferta informativa ata as 2 da tarde. Desde as 3, o interese pasará polo Cádiz-Celta, de Primeira, e tres encontros de Segunda B: Deportivo-Numancia, Compostela-Langreo e Pontevedra-Lealtad. A Terceira, o Obradoiro-Gran Canaria de ACB e o Basquet Coruña-Granada de ascenso á máxima categoría de baloncesto serán os outros puntos de interese ata as 11 da noite.

Durante a fin de semana, a Radio Galega ofrecerá outros espazos de temática deportiva. O sábado, ás 11 da noite, 'Gas a fondo' actualizará a información do motor galego e ás once e media 'Galicia en Toquio' continuará o ciclo de entrevistas aos deportistas galegos que preparan os próximos Xogos Olímpicos. E o domingo, ás 11 da noite, os especialistas reúnense na mesa de debate de 'Ao contraataque' para analizar os resultados do Celta, do Lugo e dos equipos galegos da Segunda B.

Revista de información e entretemento