A Tarde
O Fondo Galego de Cooperación reúne case cen concellos para financiar proxectos internacionais
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade leva traballando máis de vinte anos para erradicar as desigualdades entre norte e sur.
É unha entidade formada por administracións locais galegas. O último en sumarse foi o Concello de Carral. Noventa e nove municipios e tres deputacións forman parte do proxecto.
O Fondo acaba de comunicar as iniciativas que levarán a cabo neste ano. Conversamos con Andrea García, coordinadora do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.