CRTVG

Buscar

A Tarde

Javier Carreiras: "Poucos apicultores poden vivir da apicultura ao 100%"

14/04/2021 - 18:07 h

A marca de mel O Poder das Flores segue medrando dende o Val do Ouro. Tanto internamente como nos seus recoñecementos de calidade. 

“Contamos cun val cunhas características extraordinarias de beleza e biodiversidade”

Raúl Villares visitou un dos seus responsables, Javier Carreras. Recoñece que toda a vida a súa familia xa tivo colmeas. E decidiron volver a ese pasado que tiñan na casa. 

“O mundo da apicultura engancha moitísimo”

A falta de tempo libre limita as condicións para incrementar a expansión. Recoñece que é complicado dedicarlle á apicultura un traballo en exclusiva porque infúen moitos factores que poden alterar os beneficios. 

“O mel de Galicia está moi ben visto en toda a Península”

Revista de información e entretemento