A Tarde
'República sideral', unha historia real sobre a autoproclamación de independencia na Illa de Arousa
Esther F. Carrodeguas presenta no programa o seu libro 'República sideral', unha peza teatral que conta a historia real sobre a autoproclamación de independencia na illa de Arousa.
A obra gañou a XIV edición do Premio Barriga Verde de textos de teatro para monicreques na modalidade de adultos. Realidade e humor para xerar unha reflexión interxeracional sobre uns acontecementos históricos bastante descoñecidos en Galicia.