CRTVG

Buscar

A Tarde

Concepción González: "As bacterias colleron moita vantaxe con respecto aos fármacos"

13/05/2021 - 17:17 h

A científica Concepción González Bello é a primeira muller recoñecida coa medalla Ignacio Ribas da Real Sociedade Española de Química. 

"É un privilexio, pero tamén unha mágoa ao ser poucas mulleres premiadas"

Centra gran parte do seu traballo no CIQUS. Traballa na investigación das superbacterias ou bacterias resistentes a múltiples fármacos. Esta situación ten gran relevancia nas persoas cun sistema inmune débil. Un exemplo son as persoas maiores ou as ingresadas no hospital. 

"As bacterias mudan e os fármacos que temos quedan atrás"

Nas investigacións da profesora do Departemento de Química Orgánica levan a cabo dúas estratexias. "Tratamos de que as baceterias non falen entre eles porque precisan formar grupos. Estamos intentando que non os formen e non se fagan fortes", comenta.  

"O noso sistema inmune é a nosa mellor defensa"

O outro sistema consiste en tomar os antibióticos que xa coñecemos, pero sumándolle algo máis. "Con isto eliminamos os mecanismos que a bacteria ten para anular o antibiótico", informa.

 

Revista de información e entretemento