A Tarde
Jamas: "A familia e os Dios Ke Te Crew animáronme para publicar 'Diario dun pirata confinado'"
O membro da banda Dios Ke Te Crew Jamas publicou o seu primeiro libro. Titúlase 'Diario dun pirata confinado'. Trátase dunha especie de diario en que percorreu as sensacións do confinamento cada vinte e catro horas.
"Non agardaba que tivese tan boa acollida"
Julio Negueruela, Jamas escribiu sobre as vivencias de cada día. Un argumento baseado no que pasaba naquel momento. "Hai narrativa, ensaio e poesía; mestúranse realidade e fantasía", admite.
"Esquecemos as situacións da vida moi a présa"
O autor desexa que toda esta situación vivida sirva para aprender dos nosos erros. "Deberiamos valorar realmente as cousas importantes", salienta.
Á par que escribiu o libro, Jamas seguiu preparando novo traballo cos Dios Ke Te Crew. Comenta que en breve o público poderá coñecer novas cancións. Acaban de rodar dous videocplips dirixidos por Xaime Miranda.