A Tarde
"O patrimonio subacuático está esquecido. Non o coñecemos na súa totalidade"
O Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento do CSIC organizou este xoves o seminario O xacemento arqueolóxico Galeón Ribadeo I en Galicia. A relatora foi Ana Crespo Solana, científica no instituto de Historia do CSIC. Xunto a ela estaba o doutor en Arqueoloxía e descubridor deste importante pecio no 2011, Miguel San Claudio. Con el conversamos.
"Só fomos capaces de estudar unha pequena porcentaxe do que alí hai. É moi curioso que non se faga valer esta riqueza patrimonial"