CRTVG

Buscar

A Tarde

Dani Polo promete unha noite máxica nas Festas de María Pita

12/08/2021 - 17:18 h

A maxia, ou ilusionismo, é unha das artes primixenias que máis nos engaiola dende pequenos. Dani Polo, de Melide, tamén caeu engaiolado cando era pequeno, e dende aquela esforzouse en converterse no mellor mago posíbel. 

Gañou premios nacionais e internacionais e participou en programas de televisión e congresos de maxia. Mañá chega á Coruña co seu novo show, 'Volta a ilusión', para participar no programa das Festas de María Pita. Convidámolo para coñecer polo miúdo este máxico mundo.


 

 

Revista de información e entretemento