A Tarde
Xosé Vilas, galego en Polonia: "O conflito migratorio con Belarús produce división social"
A vaga migratoria na fronteira entre Belarús e Polonia fai aumentar a tensión na Unión Europea. O Goberno polaco cualifícao como a “crise máis seria en 30 anos”. Xosé Vilas é un galego que leva tres anos vivindo en Varsovia. Dende alí cóntanos cal é o ambiente a pé de rúa: “Hai relativa tranquilidade, aínda que si que é tema de conversa e hai certa división social. Hai reaccións de todo tipo”.