CRTVG

Buscar

A Tarde

O II Congreso Internacional sobre Cánnabis repite encontro no mes de novembro en Catoira

11/09/2019 - 16:23 h

O 7, 8 e 9 de novembro celébrase en Catoira o II Congreso Internacional sobre Cánnnabis e os seus derivados. Contará con 23 ponentes destacados nesta temática. Analizaranse os seus efectos e desenvolveranse talleres prácticos.

Conversamos co presidente do comité organizador do concurso, Manuel Isorna. Ademais, é profesor da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense.

"Hai persoas consumidoras que saben perfectamente do que falan. Hai un pouco de todo. Os educadores tendemos a banalizar o consumo do cánnabis", afirmou. 

Revista de información e entretemento
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí