A Tarde
O xigante de Boucelo segue en pé: visitamos un dos muíños de vento mellor conservados
Na parroquia de Bemantes, no concello de Miño, atópase un dos muíños de vento mellor conservados da comarca coruñesa. Data de 1840. Coñécese como o muíño do Boucelo. Dende o ano 1992 é propiedade do Concello. Ten seis metros de altura e un diámetro interior de 3 por 3,5 metros.
Conversamos con María Taibo, técnica de turismo no Concello de Miño.