A Tarde
Preparados para pilotar un dron en situacións de emerxencias e seguridade
Estes días está tendo lugar en distintas localizacións da provincia de Ourense un Curso de Drons en Emerxencias e Seguridade. Céntrase en tarefas como a busca de persoas desparecidas, rescates, a extintición ou a prevención de incendios.
Está organizado pola empresa Aerocámaras e un dos seus instrutores é Guillermo Pérez. Con el conversamos e, entre outras cousas, salientou algunhas das vantaxes do uso do dron: "Cando temos un incendio permite dar información en tempo real. Podemos ver os focos, se está extinguido ou non, axudar as brigadas por onde poden atacar...".