CRTVG

Buscar

A Tarde

Cora Velasco actúa en directo esta fin de semana

10/07/2020 - 16:30 h

 

O venres no Pub Gatos de Melide e o sábado na Fábrica de Chocolate de Vigo puidemos escoitar en directo e ver a Cora Velasco. "Ollos novos" é unha das pezas de Sortilejos, o primeiro álbum desta moza pontevedresa que, malia a súa xuventude, xa tivo varias vidas.
Cora Velasco comezou como actriz de Madrid, onde estudiou interpretación, traballou en videoclips, spots, teatro para adultos e infantil, botouse a cantar como Cora Sayers e despois recuperou o seu nome como unha forma de facerse co control das súas creacións e a súa carreira, un paso que decidiu tras un encontro nos escenarios con Jorge Drexler.
Cora Velasco visitou o programa A Tarde para contarnos como vive este renacer despois do confinamento.

 

Revista de información e entretemento