CRTVG

Buscar

A Tarde

O novo disco de Andrés Suárez é o máis vendido na semana do seu lanzamento

09/07/2020 - 16:29 h

Unha axenda cargada de concertos, un disco con vendas de récord. Despois da parada obrigada destes meses, Andrés Suárez volve coa forza que lle dá a acollida do disco que se chama coma el. Porque Andrés Suárez é o máis vendido na semana do seu lanzamento. Dez cancións dun Andrés máis sincero e máis aberto ca nunca. 

O álbum íase presentar o 27 de marzo, pero chegou a pandemia. Esta fin de semana, venres e sábado, vaino presentar en Vigo, na terraza do Auditorio Mar de Vigo. O domingo no Palexco da Coruña, antes de continuar camiño por Barcelona, Murcia...

Revista de información e entretemento